- Letras
- Traducciones
- Acordes
- Escuchar
- Votos
pagar sendo convidado,
mercar a rico e na aldea,
vender a probe e fiado:
non é pra ter casa chea!
Muller que adoura a veciña,
rapaza que dorme fora,
pedra limpa da cociña
e meniño que non chora:
non che me dan boa espiña!
PERTO DO LUME DESQUE NACIN
LEISES COMA ISTAS NA CASA OUVIN
CENCIA DO ADRO, CENCIA DO ABO:
CENCIA DOS ANOS: NON HAI MELLOR!
Crego que cheira mal,
alcalde no teu outeiro,
escribano no portal
e lume no palleiro:
salvarás se Dios che val!
Palique de taberneira
e bágoas de bebedore,
amores de costureira
e xastre traballadore:
sonche contiños da feira!
PERTO DO LUME...
Apostar o que se tén,
firmar o que non escribo,
donar sin saber a quén
e dar cartos sin recibo:
penso que non me convén!
Estremeiro pleiteador,
néboas agoentas do río,
boi ou vaca escornador
e xente de señorío:
canto máis lonxe mellor!
Musikazblai Galego
orozu
alejandra 








Trabajando...
Escribe tu comentario