- Letras
- Traducciones
- Acordes
- Escuchar
- Votos
mañanciña feiticeira
unha dona vai tomar
as nove ondas mareiras
Vai pola ria de Ares
camiño do areal
busca a semente dun fillo
na branca escuma do mar
Unha a unha deica a nove
as ondas vanse esfachar
contra o ventre da muller
que anceia ter un rapaz
En pasando nove meses
pariu a muller un neno
bonitiño coma un anxo
e negriño coma o demo
Pra desnegralo chamaron
a un menciñeiro de sona
que non poido crarexalo
con deterxentes nin sousas
Quixo saber de que fora
tan lixosa mutacion
foi dlo petroleo do Urquiola
que as augas contaminou
Ai miña Virxe do Carmen
non nos cumpria outra cousa
que un petroleiro viñera
mudarnos os cromosomas
Quedaron moi amolados
os pais do meniño negro
mais amolados quedaron
os probes dos mariñeiros...
Musikazblai Galego









Trabajando...
Últimos comentarios
Escribe tu comentario